-
Os triatletas galegos, Antonio Serrat e Sara Guerrero, competiron hoxe na primeira Serie Mundial do ano.
-
Abu Dabhi foi a sede elixida para dar comezo ao Circuito que rematará coa Gran Final de Pontevedra o 23 e 24 de setembro.
A proba feminina foi a primeira competición da xornada. A naronesa, Sara Guerrero, tomou a saída xunto coas mellores triatletas do mundo, nunha proba cun gran nivel. Guerrero non tivo boas sensacións dende o inicio pero loitou ata o final, rematando no 50º posto. Como ela mesma comentou: “Un día para o recordo. ¡Que duro e que divertido! Moi orgullosa de min mesma hoxe. Entregueime de cheo a pesar dalgunhas dificultades, e é todo o que podo pedir”.
A gañadora da proba foi Beth Potter (GBR), seguida de Sophie Coldwell (GBR) e Taylor Spivey (USA).
Por parte da selección española, Miriam Casillas foi 12ª, Anna Godoy 23ª, Marta Pintanel 24ª e Noelia Juan 41ª.
A continuación, foi o turno da proba masculina. Antonio Serrat volveu medirse cos mellores triatletas do circuíto, agora con mais confianza tras a súa gran tempada no ano 2022. O vigués chegou a T2 cun gran grupo no que se decidiron as primeiras posición e, tras unha boa carreira, rematou no posto 11º. Tras a carreira, Serrat comentou que estaba satisfeito coa súa actuación e que agora era o momento para seguir traballando de cara as próximas competicións.
O vencedor da proba foi Alex Yee (GB), segunda posición para Vasco Vilaca (POR) e terceira para Manoel Messias (BRA).
No conxunto español, Roberto Sánchez destacou cun 7º posto. David Castro (25º), Alberto González (27º) e Genis Grau (54º)