Convocatoria solicitude participación no Programa de Tecnificación e Rendemento (GSI) FEGATRI
COPAS CONTINENTAIS E DO MUNDO (Elite/Junior)
A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro do programa de tecnificación e rendemento 2024, ten establecido o apoio a deportistas con licenza galega pertencentes a clubs galegos de interese federativo, para a súa promoción deportiva nacional e internacional.
Conforme ao anterior ábrese prazo de solicitude para acceder á colaboración anterior para deportistas que estén aceptados/as na lista de inscrición de Copas continentais ou do mundo, na proba elite ou junior, e desexen formar parte do programa representando á FEGATRI.
Condicións Programa Tecnificación- (Selección Galega ):
O/A Deportista formalizará a inscrición no programa a través da plataforma de inscricións para deportistas que se inscriban por primeira vez no programa e non teñan o tritraxe da FEGATRI a cota será de 70,00 € a través de TPV. Deportistas que xa partipasen en probas internacionais representando á FEGATRI terán bonificado o 100% da cota de inscrición.
A FEGATRI realizará convocatorias específicas para as viaxes que considere obxectivo da participación internacional da selección galega (GSI) indicando cal será a súa aportación en cada unha e garantirá a través da inscrición a participación do/a deportista co tritraxe oficial FEGATRI, encargandose da súa xestión se fose necesario.
Contacto Xunta Directiva para xestión de tallaxe e modelo de tritraxe selección
- Adrián Vázquez Fernández (Responsable de Menores)
- Tlf. 646.609.171
- email menores@fegatri.org
Formalización da solicitude a través da plataforma de inscricións co abono da cota de xestión do tritraxe da FEGATRI no caso necesario.