ANEXO- Axudas Deportista Participación Internacional en Vigo

15 de Maio de 2024

O próximo 1 de xuño de 2024 celebrarase un evento internacional na cidade de Vigo (Copa do Mundo de triatlón Paralímpico e Copa de Europa de Tríatlon.

Tendo en conta a celebración deste único evento internacional en Galicia e a súa repercusión pública e  mediática da promoción e imaxe da FEGATRI, dende a Direccion Deportiva acórdase  modificar as bases bonificando a aqueles deportistas que acudan ao mencionado evento, coa uniformidade da Selección Galega de Tríatlon.

A participación en calquera destes eventos coa uniformidade da Selección Galega terá unha puntuación dobre no apartado de baremación de competicións.

** Anexo ás bases por  participación en VIGO- Circular Dirección Deportiva 15/05/2024

 


BASES DA CONVOCATORIA DE AXUDAS A DEPORTISTAS GALEGOS/AS PARA PARTICIPACIÓN EN PROBAS INTERNACIONAIS DE TRIATLON 2024

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno co fin de axudar aos/ás deportistas de Galicia e apoiar a súa formación e proxección internacional acadando puntos do ranking WT, convoca as seguintes axudas para axuda da participación en  probas internacionais de triatlón.

 

No seguinte arquivo consulta a convocatoria

Bases da convocatoria de axudas

Formulario de solicitude das axudas

 

Presentación ata o 15 de novembro de 2024

Quizáis che interese…