DEPORTISTAS DO CGTD, CONCENTRADOS EN VALLADOLID

24 de Xullo de 2014

Sete deportistas becados polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) están a participar esta semana nunha concentración en Valladolid, na que traballan xunto a triatletas de Castela e León.

A selección galega, dirixida por Jonathan Cancela, está adestrando no centro de Perfeccionamento Técnico Deportiva Río Esgueva, con 20 deportistas de Castela e León e catro técnicos desta comunidade autónoma. Esta actividade é organizada de forma conxunta polas federacións autonómicas de Galicia e Castela e León, que xa celebrou a primeira parte na Semana Santa. Nese intre, foron os deportistas de Castela e León os que viaxaron a Pontevedra para adestrar e  quedou establecido que no verán serían os galegos os que se desprazaran a Valladolid para traballar de forma conxunta.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.