Ferrol proclamará un ano máis aos campións e campioas de Galicia de Tríatlon Sprint 2025

22 de Agosto de 2025

A XXIII edición do Tríatlon Cidade de Ferrol que outorgará o título de Campionato Xunta de Galicia 2025  e se celebrará o domingo 24 de agosto na contorna do Porto de Curuxeiras,  contará con máis de 225 deportistas.

A proba que se presentou o pasado 19 de agosto no Concello de Ferrol, colaborador do evento,   contou na presentación co concelleiro de Deportes, Ricardo Aldrey quen estivo acompañado pola secretaria territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Patricia Busto, o presidente da Federación Galega de Triatlón, Javier Campos, e o presidente do Tríatlon Ferrol, José Antonio  Formoso.

Ademáis do Campionato Galego disputarase unha proba aberta popular coa que dará comezo  o evento ás 10:30 horas,  sendo a quenda para para o Cpto Masculino ás 12:00 e ás  13:30 para o feminino e onde se darán cita os mellores triatletas galegos moitos deles de nivel internacional coma o olímpico Antonio Serrat, o vixente Campión do Mundo Junior de Acuatlón 2025, a Naronesa Sara Guerrero.Campioa de España de Triatlón 2025 ou Elsa Pena bronce sub23 no Cpto do Mundo de Acuatlón 2025

Os percorridos serán de 750 metros de natación na ría de Ferrol, 20 quilómetros de ciclismo en catro voltas pola estrada Alta do Porto e o Acceso Norte e 5 quilómetros de carreira en tres voltas polo paseo marítimo.

O XXIII Tríatlon Cidade de Ferrol e Campionato Xunta de Galicia 2025 organizado conxuntamente polo Triatlón Ferrol e a Federación Galega de Tríatlon conta co apoio do Concello de Ferrol, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, Policía Local, Protección Civil e a Asociación de Veciños de Ferrol Vello.

Toda a información da proba pode consultarse na seguinte ligazón XXIII Tríatlon Cidade de Ferrol

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.