A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, convocada o 10 de setembro de 2025 e reunida por medios telemáticos, ás 21:00 h. tomou os seguintes acordos en relación á orde do día
Asistentes: Javier Campos Peña (Presidente), Paloma Herbello Hermelo (Triatlón Santiago), Enrique Hernández Moldes (Triatlón Rias Baixas), Gustavo Alvarez Nogueira (AD Fogar) Pablo Cabanelas Eiras, e Mónica Flores Ferreiro
1.- Modificacións Calendarios 2025
Acórdase ratificar e engadir ao calendario oficial as seguintes probas e modificacións
Modificacións
- II Acuatlón de Castrelo de Miño- II Copa Deputación de Ourense de Acuatlón- Trasládase ao 4 de setembro.
2.- Modificacións Regulamentarias
Tratase a petición do Triatlón Ferrol recibida na federación, para que o Cpto Galego de Tríatlon sexa equiparado ás probas de circuíto en canto á bonificación de oficiais no Regulamento de Competicións da FEGATRI. O punto está recollido na acta do 20 de decembro.
A proposta de modificación regulamentaria foi rexeitada por 3 votos en contra, 2 abstencións e 1 a favor. Considerouse maioritariamente que ao final da tempada non procede realizar unha modificación dun acordo da asemblea xeral.
Acórdase para a próxima tempada propor este cambio no regulamento para favorecer a organización das principais competicións do calendario.
3.- Aportacións plan estrutural competicións 2026
Solicítase á comisión delegada preparar propostas estruturais para a próxima tempada que poidan favorecer a participación e organización, co fin de plantealas na próxima Asemblea Xeral. que debería calendarizarse na terceira semana de outubro ,de cara a confeccionar a primeira proposta de calendario para o 20 de outubro que pecha o primeiro prazo de TRAZA.
Non habendo rogos e preguntas levántase a sesión ás 21:55 h.



