PROXECTO DEIXA XOGAR- UFEDEGA

 

 

 

PROXECTO “DEIXA XOGAR” 

O  proxecto DEIXA XOGAR é  impulsado pola UFEDEGA en colaboración con #Juntos Invulnerables”, cuxo obxectivo é o de reforzar a prevención e a cultura do bo trato no deporte de base galego.

Na páxina web do proxecto: www.deixaxogar.gal atoparedes a información completa do proxecto  e  materiais descargables destinados a familias e entidades deportivas.

Poñemos á vosa disposición neste arranque do proxecto:

Dende a FEGATRI solicítase a vosa colaboración dos clubs para:

  1. Difundir a Guía e as infografías entre as vosas familias, grupos de comunicación e equipos.
  2. Enlazar estes recursos na vosa páxina web ou redes sociais.
  3. Imprimir e colocar as infografías nas instalación deportivas para reforzar a mensaxe preventiva.

Agradecemos a implicación de todas as persoas involucradas no noso deporte para que o deporte galego avance de maneira conxunta cara a espazos máis seguros, educativos e respectuosos.