Acordo Universidade de Santiago de Compostela-FEGATRI para acceso gratuíto ás instalacións de deportistas de interese no curso 2025/2026

19 de Xaneiro de 2026

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno asinou un acordo coa Universidade de Santiago de Compostela para facilitar o acceso de deportistas estudando na cidade ás instalacións da universidade para o curso 2025/2026

O acordo incluiría deportistas universitarios e preuniversitarios (2º BAC) .
A  FEGATRI dispón de 2 bonos extra,  polo que aquelas persoas deportistas interesadas poden enviar un correo electrónico a fegatri@hotmail.com solicitando o trámite do acceso con este bono gratuíto  para que a  FEGATRI poida valorar e confirmar coa Universidade de Santiago a súa inclusión no acordo segundo o seu nivel deportivo.
A lista de deportistas con interese en desfrutar das anteditas instalacións  debe vir con nome e apelidos, DNI, club,  lugar de residencia durante o curso,  curso que están realizando.

 

 

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.