A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro dos seus programas deportivos, ten establecido o apoio a deportistas de interese federativo con licenza galega, para a súa promoción deportiva nacional e internacional a través da consecución de puntos en probas estratéxicas para posicionarse no ranking World Triathlon.
Conforme ao anterior e co gallo da celebración das Copas do Mundo de jeddah o 27-28 de novembro e Dubai o 5 e 6 de decembro convoca aos seguintes deportistas
O acceso a esta colaboración SERÁ INCOMPATIBLE coa solicitude e recepción de axudas para deportistas galegos/as para a súa participación en probas internacionais 2026.



