CONVOCATORIA COPA DO MUNDO DE HONKONG

22 de Outubro de 2026

A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno dentro dos seus programas deportivos, ten establecido o apoio a deportistas de interese federativo con licenza galega,   para a súa promoción deportiva nacional e internacional a través da consecución de puntos en probas estratéxicas para posicionarse no ranking World Triathlon.

Conforme ao anterior e co gallo da celebración da Copa do Mundo de Hong Kong o 27-28 de novembro convoca aos seguintes deportistas

ELITE
Andrés Prieto Villar- AD Fogar
A FEGATRI, apoia ao deportista sufragando parte dos gastos de viaxe e o deportista deberá cubrir o resto de gastos a través do programa de Promoción de  tecnificación e rendemento para participar en Copas continentais e do mundo de deportistas de interese federativo

O acceso a esta colaboración SERÁ INCOMPATIBLE coa solicitude e recepción de axudas para deportistas galegos/as  para a súa participación en probas internacionais 2026.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.