COMUNICADO FEGATRI “X TRIATLO DA AMIZADE/CTO GALEGO TRÍATLON CROSS”

20 de Setembro de 2016

COMUNICADO FEGATRI:

Dende a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno queremos transmitir a todos os deportistas galegos participantes na “X edición do Triatlo da Amizade/Cto Galego Tríatlon Cross”, a nosa máis sincera desculpa polo incidente ocurrido no desenvolvemento do sector de btt. O “X Triatlo da Amizade” é unha proba de Tríatlon Cross que coorganizan 4 entidades (Concello de Tomiño, Câmara de Vilanova de Cerveira, FPT e FEGATRI) e na que en cada edición se alterna o control da proba entre a FPT e a FEGATRI, sendo nesta edición a FPT a encargada de controlar o bo desenvolvemento da mesma co seu equipo de oficiais.

Como ben sabedes, un oficial da FPT (Federación Portuguesa de Tríatlon) encargado de cubrir o cruzamento onde os deportistas unha vez completadas 4 voltas tomaban o desvío para dirixirse cara a Vilanova de Cerveira, “impediu” a unha boa parte dos deportistas tomar este desvío, obrigándolles a realizar unha volta máis respecto do reflectido no regulamento. A consecuencia directa da acción deste árbitro, provocou numerosas protestas, un atraso de máis de dúas horas na entrega de premios e, en definitiva, unha cerimonia final absolutamente deslucida e na que tod@s quedamos con moi mal sabor de boca.

Polo feito por un árbitro (teoricamente parece que experto), non podemos culpar a un colectivo e menos á Federación Portuguesa de Tríatlon coa que traballamos moi a gusto e con boa sintonía. De feito agás este grave incidente non houbo ningún problema. O malo é que incidentes deste tipo non teñen nunca unha boa solución pois o dano xa é irreparable para os/as que o sufriron.

Somos conscientes de que “o grave erro dunha persoa”, embazou o duro traballo de máis de cincuenta persoas que estaban implicadas na preparación, montaxe e control da proba. Co cal desde a impotencia que sentimos non podemos máis que reiterar as nosas desculpas a todos os deportistas desprazados ata alí, á vez que agradecer a ambos os Concellos, á FPT e a todas as persoas implicadas no bo desenvolvemento da proba o seu gran traballo.

O Tríatlon BTT dá Amizade para Menores,este ano organizado pola FEGATRI, descurriu con absoluta normalidade e por sorte sen ningún incidente.

** Nestes momentos estamos pendentes de que a FPT nos remita as clasificacións definitivas. En canto as recibamos, serán publicadas como é habitual.

FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO

Quizáis che interese…