A Copa de Europa de Tríatlon de Melilla, contará con presencia galega.

4 de Abril de 2019

O próximo domingo 7 de abril Melilla acollerá unha edición máis da Copa de Europa de Tríatlon, que se disputará en distancia sprint. Este ano con récord de particpación incluído, máis de 200 triatletas entre os junior e os elite.

Na proba junior o triatleta de Riveira, Jorge González será o noso único representante. A maior parte da representación galega en Melilla concentrase na proba elite femenina dónde tomarán a saída: Joselyn Brea, Camila Alonso, Inés Castaño e Iría Rodríguez. Mentres tanto na proba elite masculina, Andrés Cendán e Martín Carrera serán os dous galegos presentes.

Todas as probas poderanse seguir en Streaming dende as 10 da mañá do domingo ata as 20 horas na app de la liga sports


Foto: Facebook Martín Carrera.

Quizáis che interese…