A CORUÑA PRESENTOU A COPA DO MUNDO DE PARATRIATLÓN E O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBES E RELEVOS MIXTOS

19 de Decembro de 2019

A cidade da Coruña converterase na capital mundial do paratriatlón e triatlón durante a fin de semana do 6 e 7 de xuño de 2020 ao acoller unha proba do Mundial de Paratriatlón e do Campionato de España de triatlón e relevos mixto.

Estes eventos de carácter internacional e nacional respectivamente recollerán a testemuña e a experiencia adquirida pola cidade para acoller nas últimas dúas edicións o Campionato de España de tríatlon e paratriatlo en distancia olímpica.

As dúas probas presentáronse hoxe na casa consistorial da Coruña coa presenza do paracaidista local Ángel López; membro do club local inclusivo Enki. A representación institucional estivo encabezada por Inés Rey, alcaldesa da Coruña; Juan Ignacio Borrego, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes; Juan Manuel Díaz, concelleiro de mobilidade; Eudoxia Neira, concelleira de Igualdade, benestar social e participación; Jorge García, director de competicións da Federación Española de Triatlón e Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Triatlón.

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego Vázquez, agradeceu a ITU por conceder á cidade esta proba da Copa do Mundo de Paratriatlón e mostrou a plena vontade da Coruña de converterse en líder mundial na organización de probas de primeiro nivel en triatlón e paratriatlón.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña “para nós presentar un evento deportivo é facer cidade, a organización de eventos deportivos é unha das accións transversais deste goberno e dende o goberno municipal tedes todo o noso apoio”.

Eudoxia Neira, concelleira de igualdade, benestar social e participación, aludiu á importancia de que a poboación local con diversidade poida ver na súa cidade aos mellores paratriatletas do mundo que compiten por un posto nos Xogos Olímpicos de paralímpicos en Tokio.

Juan Manuel Díaz, conselleiro de mobilidade “para a nosa cidade é unha honra acoller a Copa do Mundo de Paratriatlón e o Campionato de España de Triatlón para Clubs e Relevos Mixotss. Desde o noso concello mostraremos todo o noso apoio para que o evento se realice da mellor forma posible ”.

Jorge Garcia; Director de competicións da Federación Española de Triatlón, desculpouse pola ausencia do Presidente e agradeceu no seu nome a implicación da cidade no deporte das tres disciplinas. Tamén comentou o éxito rotundo das dúas edicións do Campionato de España de tríatlon que acolleu a Coruña, froito dese bo traballo que a cidade acollerá unha competición internacional no 2020, así como o evento máis icónico a nivel de clubs de triatlón e tamén o Campionato de España de Triatlón de Relevos Mixtos, unha modalidade moi espectacular e que entrará en Tokio 2020 por primeira vez nuns Xogos Olímpicos.

Gonzalo Triunfo, presidente da Fegatri; agradeceu unha vez máis a implicación da Coruña co Triatlón. Destacou a importancia de ter un evento internacional en Galicia tanto para atletas, clubs como espectadores, xa que permitirá a participación nun evento de primeiro nivel sen ter que viaxar fóra da nosa comunidade e gozar da presenza en competición dunha figura internacional como tamén é Susana Rodríguez-Gacio.

Quizáis che interese…