O TRIDIVER organizado pola Federación Española de Triatlón chegará á Coruña o vindeiro fin de semana compartindo protagonismo co Campionato de España de Tríatlon en distancia Olímpica.
O TRIDIVER é unha proba de carácter non competitivo orientada aos máis xóvenes deportistas con idades comprendidas entre 5 e 10 anos para achegalos ao multideporte. O formato no que se desenvolverá será en Dúatlon. As categorías serán segundo a idade dos nenos e nenas que adoptarán o nome dunha mascota.
Nas seguintes ligazóns está toda a información do TRIDIVER.