A FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON TEN UNHA GRAN REPRESENTACIÓN NOS XOGOS OLÍMPICOS DE PARÍS 2024

7 de Xullo de 2024

Onte foi a presentación en Madrid do que vai ser o Equipo Olímpico que representará a España nos Xogos Olímpicos de París 2024, onde estivo presente o presidente da Federación Galega de Tríatlon, Javier Campos.

Galicia, un ano máis, conta cunha gran representación formada por Antonio Serrat Seoane (Cidade de Lugo Fluvial) e o noso oficial Miguel Alejandro Fernández.

Tamén temos que mencionar aos representantes dos clubs galegos como Míriam Casillas (Tríatlon Ferrol), Ana Godoy (Cidade de Lugo Fluvial) e Alberto González (Tríatlon Inforhouse de Santiago).

Desexamos toda a forza para os nosos atletas!!

Tamén contaremos coa vixente campioa Susana Rodríguez nas Paraolimpiadas.

Non nos podemos esquecer de mencionar a Iván Raña e Javi Gómez, que foron galardoados pola súa extraordinaria carreira deportiva.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.