A FEGATRI participa na 7ª Gala do Deporte da Coruña e a súa comarca

29 de Maio de 2025

Onte á noite celebrouse a 7ª edición da Gala do Deporte da Coruña e a súa comarca, organizada polo xornal La Opinión de A Coruña, en colaboración co Concello da Coruña e co patrocinio de Velgasa-Eroski, HM Hospitales, Coca-Cola e a Compañía de Tranvías da Coruña.

 

A Federación Galega de Tríatlon (FEGATRI) tivo o pracer de asistir a este evento que recoñece o labor e a excelencia nos diferentes ámbitos do ecosistema deportivo da comarca. Durante a gala foron entregados galardóns en diversas categorías, como Mellor clube, Mellor adestrador/a e, por suposto, os moi esperados premios a Mellor deportista feminino e masculino.

Aínda que nesta ocasión o tríatlon non foi protagonista directo entre os premiados, desde a FEGATRI queremos felicitar a todos os candidatos, finalistas e galardoados, con mención especial para dous triatletas galegos federados:

-Álex Álvarez, que xunto ao seu compañeiro David Pardavila, foi recoñecido co Premio dos lectores polos seus éxitos no ámbito do jiu jitsu.

-Pilar Mújica, Directora Médica de HM Hospitales en Galicia, que participou activamente na gala facendo entrega de varios dos galardóns.

Desde a FEGATRI desexamos que o ano 2025 estea cheo de éxitos para todos os deportistas e clubes da Coruña e da súa contorna, e confiamos en seguir celebrando este evento referente no deporte galego moitos anos máis.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.