A SELECCIÓN ESPAÑOLA YOUTH DE PÉNTATLON MODERNO, CAMIÑO DO EUROPEO

18 de Setembro de 2013

A selección española youth de péntatlon moderno, que levaba en Lugo dende o día 2 de setembro, partiu hoxe en dirección a Caldas da Raínha (moi preto de Lisboa, Portugal), onde disputará o Europeo da categoría entre os días 20 e 22 de setembro. Este campionato é especialmente importante nesta ocasión xa que os tres primeiros (senón pertencen ao mesmo país) lograrán a clasificación para as Olimpiadas da Xuventude 2014, que se celebrarán en China.
O europeo masculino celebrarase o venres, mentres que as rapazas terán que esperar ao sábado. O domingo celebrarase a competición mixta, na que aínda non se coñecen os integrantes do equipo español.

Quizáis che interese…