A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno asinou un acordo coa Universidade de Santiago de Compostela para facilitar o acceso de deportistas estudando na cidade ás instalacións da universidade para o curso 2025/2026
O acordo incluiría deportistas universitarios e preuniversitarios (2º BAC) .
A FEGATRI dispón de 2 bonos extra, polo que aquelas persoas deportistas interesadas poden enviar un correo electrónico a fegatri@hotmail.com solicitando o trámite do acceso con este bono gratuíto para que a FEGATRI poida valorar e confirmar coa Universidade de Santiago a súa inclusión no acordo segundo o seu nivel deportivo.
A lista de deportistas con interese en desfrutar das anteditas instalacións debe vir con nome e apelidos, DNI, club, lugar de residencia durante o curso, curso que están realizando.



