A Asemblea Xeral da Federación Galega de Tríatlon reunida en xuntanza ordinaria o mércores 22 de decembro de 2021 ás 20:15 h., aproba os seguintes acordos.
-Modificacións do calendario oficial
- 30/01/2022.- Campionato Galego de Dúatlon de Menores (BX/ALV/INF)- Carballo
- 12/02/2022- Dúatlon Movéndonos por Poio (Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada)- Poio
- 16/04/2022- Cpto Galego de Dúatlon de Estrada – Pontevedra
- 1/10/2022- Half de Ribadeo
- 11/12/2022- III Dúatlon Cros Concello de Cerdedo Cotobade (circuíto de Dúatlon Cros)
- Regulamento do Inverno Primavera de Dúatlon Cros
- Proba de dobre puntuación no Circuíto Galego de Dúatlon Cros será “Dúatlon Cros Concello de As Pontes”- 24/04/2022
- Regulamento de Nada e Corre para 2022
– Procedementos e táboas para a tramitación de licenzas 2022
——————————————————–
CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO
O presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, Gonzalo Mario Triunfo Delgado, de acordo co que determinan os artigos 48º e 54º dos Estatutos vixentes da entidade, convoca aos membros da Asemblea Xeral a unha xuntanza ordinaria por medios telemáticos (amparada no Art. 40 do Real Decreto-Ley 8/2020 de 17 de marzo de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19), na data e hora indicadas a continuación
Data: Mércores, 22 de decembro de 2021
Hora: 20:00 h.
Lugar: Sala Zoom (enviarase a ligazón de acceso o día anterior)
Orde do día,
1.- Lectura e aprobación se procede da acta da Asemblea anterior.
2.- Orzamentos 2022. Aprobación se procede.
3.- Calendarios e normativas.
4.- Licenzas 2022
5.- Rogos e preguntas
*Os rogos e preguntas poderán ser enviados ao correo da federación ata o próximo mércores, 15 de decembro de 2021 ás 14:00 h.
*Só se permitirá o acceso aos membros da Asemblea Xeral. A representación dos clubs recae no/a Presidente/a ou persoa en quen delegue segundo os seus estatutos. A Delegación deberá estar na Federación a máis tardar o mércores 15 de decembro de 2021.