Acordos Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ( 10 de setembro de 2025)

11 de Setembro de 2025

A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, convocada  o  10 de setembro de 2025 e reunida por medios telemáticos, ás 21:00 h. tomou os seguintes acordos en relación á orde do día

Asistentes: Javier Campos Peña (Presidente), Paloma Herbello Hermelo (Triatlón Santiago), Enrique Hernández Moldes (Triatlón Rias Baixas), Gustavo Alvarez Nogueira (AD Fogar) Pablo Cabanelas Eiras,  e Mónica Flores Ferreiro

1.- Modificacións Calendarios 2025

Acórdase ratificar e  engadir ao calendario  oficial as seguintes probas e modificacións

Modificacións

  • II Acuatlón de Castrelo de Miño- II Copa Deputación de Ourense de Acuatlón- Trasládase ao 4 de setembro.

2.- Modificacións Regulamentarias

Tratase a petición do Triatlón Ferrol recibida na federación, para que o Cpto Galego de Tríatlon sexa equiparado  ás probas de circuíto en canto á bonificación de oficiais no Regulamento de Competicións da FEGATRI. O punto está recollido na acta do 20 de decembro.

A proposta de modificación regulamentaria foi rexeitada por 3 votos en contra, 2 abstencións e 1 a favor. Considerouse maioritariamente que ao final da tempada non procede realizar unha modificación dun acordo da asemblea xeral.

Acórdase para a próxima tempada propor este cambio  no regulamento para favorecer a organización das principais competicións do calendario.

3.- Aportacións plan estrutural competicións 2026

Solicítase á comisión delegada preparar propostas estruturais para a próxima tempada que poidan favorecer a participación e organización, co fin de plantealas na próxima  Asemblea Xeral. que debería calendarizarse na terceira semana de outubro ,de cara a confeccionar a primeira proposta de calendario para o 20 de outubro que pecha o primeiro prazo de TRAZA.

Non habendo rogos e preguntas levántase a sesión ás 21:55 h.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.