Acordos Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ( 11 de novembro de 2024)

12 de Novembro de 2024

A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, convocada  o  11 de novembro de 2024 e reunida por medios telemáticos, ás 20:30 h. tomou os seguintes acordos en relación á orde do día

1.- Modificacións Regulamentarias

    • Reorganización Nada e Corre Zona1 e Zona 2.- Dada a situación do Nada e Corre onde os clubs da zona 2 non consiguen organizar ningunha proba acórdase, unha vez falado co club  Cidade de Lugo Fluvial,  orzanizador dunha proba da Zona 1 ,  que poidan participar na proba prevista en Lugo o próximo 30 de  novembro onde se clasificarían 6 deportistas por cada categoría.

2.- Modificacións Calendarios

Acórdase ratificar e  engadir ao calendario  oficial as seguintes probas presentadas no último mes

2024

  • Nada e Corre Delikia- 17 Novembro de 2024
  • Nada e Corre Lugo- 30 Novembro   de 2024
  • Cpto Galego de Dúatlon de Menores Contrarreloxo por equipos e popular – Narón- 22 de decembro de 2024

2025

  • Cpto Galego de Triatlón Súper Sprint CD/XV/JN   e Tríatlon de Menores -Ponteareas- 21 de xuño de 2025

Levántase a sesión ás 21:05 h.

Quizáis che interese…