Acordos Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ( 13 de novembro de 2023)

13 de Novembro de 2023

A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida por medios telemáticos sala de zoom, o luns 13 de novembro ás 19:30 h. tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:

1.- Modificacións Regulamentarias

Modificación Regulamento de Nada e Corre.- Ante a falta de probas na zona 2 tomanse os seguintes acordos:

  • Agrupar as zonas 1  e 2, permitindo participar aos deportistas da zona 2 nas probas de Ortigueira e Lugo.
  • Realizar unha clasificación conxunta única en cada proba.
  • Clasificar para a final galega os catro primeiros e catro primeiras deportistas da clasificación anterior en cada categoría e xénero.

 

2.- Modificacións Calendario Oficial

Engádense ao calendario as seguintes probas.

  • 19 novembro- Nada e Corre Ortigueira
  • 3 decembro – Nada e Corre Lugo
  • 3 decembro – Nada e Corre  Ourense

3.- Rogos e Preguntas

Infórmase que para a tempada 2024 se vai poñer en funcionamneto a nova plataforma de licenzas da Federación Española de Tríatlon e dos requerimentos que serán enviados nas próximas semanas a todos os clubs, dos custes engadidos do programa e dos avances cos seguros para a tempada 2024

Levántase a sesión ás 20:10 h.

 

Quizáis che interese…