A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida de urxencia por medios telemáticos en sala de zoom, o martes 25 de xuño de 2024 ás 20:30 h. tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:
1.- Modificacións de calendario
- Cambio de data do Triatlón de Menores de Ferrol- Campionato Galego de Triatlón de menores provocado por casusas de forza maior. Obras no porto que non remataron e non é posible esquivalas por un problema engadido ao caer unha porta do Arsenal. O percorrido alternativo incomunicaría o Arsenla ao bloquear a única saída que lle queda operativa non sendo viable.
- Acórdase aceptar a proposta de celebración do Tríatlon de Menores de Ferrol o 24 de agosto co Campionato Galego Absoluto e outorgarlle de xeito excepcional a subvención de organización establecida para as probas do circuíto de tríatlon de menores, sempre e cando se cumpran o resto de requisitos, considerando a celebración en agosto un cambio provocado por causa de forza maior debido ás circunstancias anteriiores.
- Acórdase outorgar o título de Campionato Galego de Tríatlon de Menores á única proba calendarizada antes do 15 de xullo. O tríatlon de Menores de A Coruña que se celebrará o próximo 14 de xullo de 2024.
2.- Rogos e preguntas
Infórmase aos presentes dos cambios no Plan Corresponsables, minoración do orzamento e necesidade de presentar os proxectos canto antes e adecuados ao establecido. para
Levántase a sesión ás 20:50 h.