A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida por medios telemáticos sala de zoom, o mércores 5 de xuño de 2024 ás 20:10 h. tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:
1.- Modificacións de calendario
- Acórdase cambiar a sede do Campionato Galego Súper Sprint Cadete, xuvenil e Junior outorgando o título na proba do circuíto súper sprint, prevista en Pontevedra o próximo domingo, 23/06/2024.
- Acórdase engadir ao calendario oficial O II Acuatlón de menores Trishark (BX/AL/IN/CD) o venres 19/07/2024
2.- Modificacións Regulamentarias
Acórdase, de cara a potenciar a participarción inclusiva de deportistas con licenza federativa, que nas probas do circuíto súper sprint onde haxa saída inclusiva separada poidan participar deportistas de calquera idade de categoría inclusiva, cuxo equipamento adaptado se adecue aos percorridos e non interfira na segurdade a nivel técnico.
3.- Rogos e Preguntas
Infórmase de que se acaba de publicar o Plan Corresponsables e que o día 19 as Federacións están convocadas para indicar como funcionará esta tempada. Así mesmo infórmase que acaba de publicarse tamén no DOGA as prazas do CGTD para a próxima tempada onde se manteñen 7+1.
Levántase a sesión ás 20:50 h.