Acordos Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ( 28 de agosto de 2024)

28 de Agosto de 2024

A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, convocada de urxencia o mércores 28 de agosto para proceder a unha votación telemática,  debido á cancelación por parte do Concello de Vilagarcía da proba de Campionato Galego de  Triatlón de Equipos Absoluto e Escolar,  tomou os seguintes acordos en relacion á orde do día:

1.- Modificacións de calendario- Ratificación de cambios

    • Cpto Galego de Acuatlón de Menores e Súper Sprint Cedeira- 31 de agosto
    • Acuatlón Castrelo de Miño-Copa Deputación de Ourense-21 de setembro
    • Dúatlon Cidade de Lugo “Memorial Alejandro López”-Proba aberta- 24 de Novembro

2.- Modificacións Regulamentarias 

  • Acórdase, a petición do organizador,  a ampliación excepcional do prazo de inscrición ao xoves  29 de agosto ás 8:30 horas no Campionato Galego de Acuatlón ofertando as 46 prazas baleiras, co fin de dar opción e favorecer a participación de deportistas menores que puidesen ter optado por participar na proba escolar suspendida de CG de Equipos de  Vilagarcía.
  • Acórdase comunicar  a todos os clubs  por mail e aos inscritos en Vilagarcía por teléfono e abriri a inscrición das prazas  vacantes ás 15:00 h.

 

Quizáis che interese…