A Comisión Delegada da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, reunida o pasado luns, 26 de xullo, ás 21:30 h. por vía telemática tomou os seguintes acordos en relación ao calendario federativo e adaptacións do regulamento de competición en relación ao mesmo.
Competición 2021
- a) Modificacións de calendario 2021
- Comunícanse e informase das últimas cancelacións de probas que no caso de Ferrol vai obrigar a aprobar modificación no regulamento de competición FEGATRI en relación á participación no Campionato Galego de Pontevedra.
- Triatlón de Ferrol (Circuíto)
- Triatlón Boamorte de Sanxenxo
- Apróbase con todos os votos a favor incluír no calendario oficial as seguintes probas
- Acuatlón Mozo de Cedeira – 15 agosto
- Triatlón de Relevos Mixtos (C.Galego) Pontevedra- 21 agosto
- Comunícanse e informase das últimas cancelacións de probas que no caso de Ferrol vai obrigar a aprobar modificación no regulamento de competición FEGATRI en relación á participación no Campionato Galego de Pontevedra.
- b) Modificacións regulamento de competición
- Dada a situación de cancelación de probas de circuito e dado que só se celebrou unha tomanse os seguintes acordos, con todos os votos a favor, en relación á regulamentación para o Campionato Galego de Triatlón de Pontevedra.
- O Campionato galego de Tríatlon de Estrada 2021 a celebrar en Pontevedra o 21 de agosto, atenderá ao seguinte:
- Disputaranse dúas carreiras separadas, unha masculina e outra feminina. Limitadas cada unha a 120 participantes.
- A inscrición nas probas distribuirase do seguinte xeito, so para federados/as e priorizando aos federados/as con licenza galega ou de clubs galegos que aboaran Dereitos de circuíto.
- Proba feminina. Garántese a inscrición das invitadas polo punto 5 do regulamento oficial de competición, así como as participantes que rematasen a proba de circuíto disputada- Triatlon do Miño -Lugo.
- Proba masculina.- As prazas na proba masculina outorgaranse segundo o establecido a continuación:
1- Invitacións establecidas regulamentariamente no artigo 5, do regulamento oficial de competicion da FEGATRI 2021.
CAMPIONATO GALEGO DE TRIATLON MASCULINO INVITACIÓNS POR CLASIFICACIÓN C.G. TRIATLON DE ESTRADA 2019 CIDADE DE LUGO FLUVIAL 3 ARCADE INFORHOUSE SANTIAGO 3 T. ARTEIXO 3 T. BOIRO 2 AD FOGAR 2 TRIPENTA TERRAS DE LUGO 2 TRIATLON RIAS BAIXAS 1 AD NARON 1 TRIATLON MAR DE VIGO 1 TRINORTH 1 CN PABELLON OURENSE 1 TOTAL INVITACIÓNS 20 2. 45 primeiros clasificados da proba de Circuíto celebrada “Tríatlon do Miño-Lugo” segundo estaba establecido regulamentariamente para a celebración das dúas probas calendarizadas cando esta foi disputada (Ferrol e Lugo).
3. 1 invitación para cada club e/ou deportista independente que tivese aboado o circuíto 2021 (52)
4. O resto de prazas cubriranse por orde de inscrición con deportistas con licenza galega.
Procedemento- Abrirase un período para a inscrición de deportistas con dereito a prazas polos puntos anteriores, ata o venres da semana anterior á proba. No caso de que non se cubran as prazas, abrirase un segundo prazo o luns da semana da proba e serán completadas por orde de inscrición na plataforma ata o martes ás 23:59. Completadas as prazas abrirase unha lista de agarda que se xestionará diariamente, sendo a última incorporación o mércores ás 14:00 h.
Aos efectos de clasificación de clubs, acórdase que poderá puntuar para a mesma calquera deportista do club, acceda ou non por invitación.