Acordos da Comisión Delegada reunida o 19 de febreiro de 2021 ás 20:00 telemáticamente
Orde do día
- Regulamentos 2021- Modificacións
- Proposta circuítos supersprint.
- Competición 2021.-
- Situación do calendario
- Novas propostas de calendarización.
- .- Rogos e Preguntas
Acordos
- Apróbase a creación e regulamento do “Circuíto Mozo”- Supersprint para cadetes, xuvenís e junior. Os organizadores que así o desexen poderán engadir probas a este circuíto, comunicándoo á FEGATRI. Estas probas priorizarán a inscrición das categorías reflectidas que serán gratuítas, se ben se poderán completar con inscrición aberta co abono de cota as vacantes non reservadas. Poderán ser probas a incorporar nas xa calendarizadas doutras distancias ou probas desta distancia creadas de xeito específico para este circuíto.
- Apróbanse as seguintes modificacións no calendario oficial
-
- 28 marzo- Campionato Galego Supersprint de Dúatlon de Narón (Cadete, xuvenil e júnior)- proba de selección cadete para o Cpto de España
- 10 abril- V Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros (Proba de circuíto de Dúatlon de Estrada)
- 29 maio- Triatlón Popular Concello de Oleiros
- 24 xullo- Campionato Galego de Triatlón Supersprint (cadete, xuvenil e júnior) – Trishark Narón proba de selección para o Cpto de España
- 24 xullo-Trishark Narón sprint popular
- 7 agosto- Acuatlón Concello de Cedeira (Menores/cadete/ xuvenil e junior)
- 21 Novembro- Duatlón Cros de Lousame (Circuíto)
- 6 decembro- Duatlón Cros Cerdedo-Cotobade (Circuíto)