A Comisión Delegada reunida o 6 de abril de 2020, tomou os seguintes acordos en relación á situación federativa pola evolución do COVID-19, unha vez valorada a situación actual e as últimas medidas gubernamentais.
- Acórdase suspender a Asemblea Xeral prevista para o 22 de abril, sen establecer nova data de convocatoria ata que a situación se normalice e as condicións permitan a súa nova convocatoria e celebración con garantías.
- Suspensión do calendario de actividades federativas dos meses de abril e maio e continuar traballando cos organizadores que desexen manter as súas probas de cara á súa recolocación unha vez cese a actual situación, pendentes de novas decisións segundo a evolución e condicións administrativas.
- Aceptar a solicitude de reserva de calendarización do Northwest Triman na data 4 de outubro.
- Convocar unha nova xuntanza da Comisión Delegada na última semana de abril para avaliar a situación segundo a evolución da crise e nova toma de decisións.