INFORMACIÓN E ACORDOS DA COMISIÓN DELEGADA REUNIDA O 6 DE MAIO EN RELACIÓN Á SITUACIÓN FEDERATI VA POLO COVID-19

8 de Maio de 2020

A Comisión Delegada reunida o 6 de maio de 2020, tratou as seguintes información e tomou os acordos  que se detallan en relación á situación federativa pola evolución do COVID-19, unha vez valorada a situación actual  e as últimas medidas gubernamentais.

  • Informase das últimas xuntanzas coa Federación Española de Tríatlon e coa Secretaría Xeral para o Deporte en relación á creación do Plan  de actuación Preventivo para a volta á actividade elaborado pola FETRI e que afectará á organización de probas.
  • Suspensión do calendario de actividades federativas do mes de xuño
  • Convocar nova xuntanza nun mes ou no momento que mude a situación para continuar traballando cos organizadores que desexen manter as súas probas en función da  evolución e condicións administrativas e baixo as consideracións de seguridade e saúde establecidas pola Federación Nacional e a OMS.
  • Opcións de solicitude de certificacións de licenza a través do programa de inscricións.
  • Dar opción aos clubs de enviar solicitudes para recoñecer a deportistas de alto nivel nacional, para que sexan avaliadas e trasladas ao CSD .
  • Participar no Relevo Mixto Indoor de CCAA a celebrar pola Federación Española de Tríatlon

Quizáis che interese…