AÍDA GARCÍA E CARLOS BRIÓN, VENCEDORES DO I TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE RIANXO

2 de Setembro de 2017

Aída García (Olímpico de Vedra) e Carlos Brión (Natación Riveira) proclamáronse hoxe vencedores do I Tríatlon Popular Concello de Rianxo no que participaron 130 triatletas.

Na categoría feminina o triunfo de Aída (cun tempo de 1:19:26) foi moi claro, mentres que na segunda posición chegou Maria Lois (Arcade Inforhouse) e o terceiro posto foi para Susana Nieto (Olímpico de Vedra).

Na proba masculina Carlos Brión logrou poñerse en cabeza no segmento da natación e xa no abandonou esta posición ata chegar a meta (1:03:59). A segunda posición foi para Ismael Viétez (Tríatlon Arteixo) e o último chanzo do podio foi ocupado por Francisco Cendán (Talleres David Tríatlon Compostela).

TRIRRIANXO 2017

 

Quizáis che interese…