Aída Valiño (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) e Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe gañadores do III Tríatlon Concello de Arteixo, que é a segunda proba do Circuíto Galego de Tríatlon de Estrada.
Na proba feminina non houbo cor. Aída Valiño partía como favorita e o seu dominio foi irresistible. Ocupou a primeira posición dende o segmento de natación e nos seguintes tramos volveu a ser a mellor. Así, Valiño (1:11:26) chegou a meta con máis de oito minutos de distancia sobre a segunda clasificada, Marta Barbeito (A.D. Fogar) cun tempo de 1:19:42. A terceira clasificada foi Silvia Veira (Arcade Inforhouse) cun tempo de 1:20:43.
A continuación, chegou o momento dos homes, e non houbo sorpresa algunha. Gustavo Rodríguez (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) tivo unha natación discreta e saíu da auga na posición 24. Pero o primeiro segmento é o que máis lle custa habitualmente, polo que xa está habituado a remontar na bicicleta, a súa especialidade. Desta forma, foi o mellor no ciclismo e tamén o máis rápido na carreira a pe, polo que chegou a meta cun tempo de 1:05:12. O segundo clasificado foi Pedro Esmoris, do Muralla de Lugo, que se mostrou coma o máis regular da proba (1:06:58). Foi cuarto na natación, segundo na bicicleta e cuarto na carreira a pe, e con esta regularidade acadou a medalla de prata. José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) logrou a terceira posición cun tempo de 1:07:22.
O resto dos gañadores foron:
ü Cadete: Rebeca Carnota (A.D. Fogar) e Manuel Rey (Dexter Tríatlon Compostela).
ü Xúnior: Irene Serrat (Wild Wolf Cidade de Lugo) e David Liste (Dexter Tríatlon Compostela).
ü Sub 23: Silvia Veira (Arcade Inforhouse) e Ismael Viéitez (Galaico Pontevedra).
ü Veterán 1: Monserrat Hernández (A.D. Fogar) e Alfredo Trincado (A.D. Fogar).
ü Veterán 2: Andrés López (Monte Abaixo).
ü Clubs: A.D. Fogar (feminino) e Muralla de Lugo (masculino).
No II Tríatlon de Arteixo, que se celebrou sobre a distancia sprint, participaron un total de 300 deportistas entre a proba federada e a popular.
No primeiro tríatlon do circuíto, disputado en Riazor (A Coruña), os gañadores foron Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo).