AÍDA VALIÑO E JOSÉ MANUEL PARDO LEIS, CAMPIÓNS DO “DESAFÍO ILLAS CÍES”

15 de Setembro de 2013

Aída Valiño (Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial) e José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo) lograron a vitoria na primeira edición do “Desafío Illas Cíes”, que se celebrou hoxe en Vigo coa participación de 500 deportistas.

Na proba feminina non houbo competencia para Aída Valiño, que chegou a tema cun tempo de 4:13:30 minutos e máis de 35 minutos de vantaxe sobre a segunda clasificada, Tatiana Domínguez (Motobike Pontevedra), cun tempo de 4:48:46. A terceira clasificada foi Almudena Vázquez (Mar de Vigo) cun tempo de 4:54:43. Ademais, hai que destacar que Aida foi a primeira en saír da auga por diante dos 500 participantes cun tempo de 26:11.

Na proba masculina, o gañador, e o máis regular da proba, foi José Manuel Pardo Leis (Muralla de Lugo)  cun tempo de 3:59:36. A continuación, entrou en meta  Miguel Figueira (Natación Riveira) a 49 segundos, e terceiro foi Manuel Jesús Gayoso (Muralla de Lugo) cun tempo de 4:01;16.

O I Desafío Illas Cíes desenvolveuse nun día moi fermoso na cidade de Vigo. Os  participantes tiveron que realizar 1.900 metros de natación, con saída dende a praia do Vao. Posteriormente fixeron 90 quilómetros de bicicleta (ata A Ramallosa) e finalizaron con 21 quilómetros de carreira a pe.

 

 

Quizáis che interese…