Fin de semana con varios frontes abertos para as e os deportistas galegos. Andrés Cendán e Carmen Gómez disputarán o Europeo sub 23 en Israel; mentres que Antonio Serrat competirá na Copa do Mundo de Salinas e Pablo Dapena e Fernando Alarz, na Challenge Pequera (Mallorca).
Europeo sub 23. No Europeo sub 23 de Eilat (israel) temos a dous representantes da Federación Galega de Tríatlon: Andrés Cendán e Carmen Gómez. Carmen viviu unha tempada moi complicada por culpa das lesións e case non puido competir. Así enfronta a proba con moita ilusión e disposta a dar “o cen por cento pola miña parte, aínda que sei que non me atopo ao 100% no aspecto físico. Pero vou dalo todo e tentar disfrutar da experiencia”.
Pola súa banda, Andrés Cendán terá o seu estreo nun Europeo sub 23 e enfronta a cita con moita ilusión: “Despois dunha moi boa tempada, que mellor maneira de pechala que cun Europeo”. Cendán é optimista e confía en poder estar no top-10, aínda que sabe que para iso “teño que estar no primeiro grupo durante toda a carreira”.
En principio a proba disputarase mañá sábado 20 de outubro sobre a distancia olímpica, sempre que non decidan cambialo polas altas temperaturas. A proba masculina comezará ás 08:30 horas e a feminina, ás 12:30.
Copa do Mundo de Salinas. O vigués Antonio Serrat disputará a Copa do Mundo de Salinas (Ecuador), nun fin de tempada ao que chega un pouco cansado e con molestias no tendón de Aquiles. A pasada fin de semana disputou a Copa de Sarasota, que se converteu en dúatlon pola mala calidade da auga. O galego tivo problemas para rematar a proba polas molestias que arrastraba (acabou na 40ª posición) e agora vai ver como se atopa en Salinas.
Challengue Pequera. Pablo Dapena e Fernando Alarza son algúns dos favoritos na Challengue Pequera (Mallorca), que se celebrará mañá con 1.200 participantes.