Antonio Serrat volveu ser un dos triatletas convocados pola Federación Española de Tríatlon para participar na cuarta proba das World Triathlon Series o 24 de xuño en Montreal.
Serrat, tras baixarse a correr no primeiro grupo, tívose que conformar cun 23° posto, un resultado que lle deixa con ganas de máis. Nas próximas semanas o galego terá novas oportunidades para demostrar o seu gran estado de forma e non dubidamos en que conseguirá os resultados que busca.
O gañador en Montreal foi o australiano, Matthew Hauser, seguido de Manoel Messias (BRA) e Jelle Geens (BEL).