ANTONIO SERRAT, QUINTO NA COPA DO MUNDO DE SALINAS

26 de Setembro de 2016

O vigués Antonio Serrat (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou unha magnífica quinta posición na Copa do Mundo de Salinas (Ecuador), na que o español David Castro logrou o triunfo nun emocionante e numeroso sprint.

Foi unha proba moi axustada en todos os seus sectores. O segmento de natación foi moi duro, con moitos golpes provocados porque eran moitos homes nun grupo moi apertado. Así, as distancias ao saír da auga eran escasas o que provocou que non houbese cortes no ciclismo. Antonio, que saíu da auga na posición 24 a 10 segundos do primeiro, logrou meterse no grupo principal sen problemas.

O circuíto do ciclismo era complexo para tentar escapadas, polo que Serrat centrouse en “estar moi atento por se había caídas ou intentos de fugas”. Tras chegar á T2 un pequeno grupo de oito deportistas, con Serrat, David Castro, Crisanto Grajales ou Felix Duchampt entre eles, logrou abrir oco e escaparse cara a liña de meta. A vitoria estaría entre ese oito deportistas e todo se decidiu no sprint final no que David Castro (53:33) foi o máis rápido, por diante do estadounidense Matthew Mcelroy (53:34), que foi prata, e o mexicano Crisanto Grajales (53:35), bronce. A quinta posición foi para o noso deportista, Antonio Serrat (53:39).

Resultados Salinas

 

Fotos: ITU Media

Quizáis che interese…