O sábado iniciouse a Liga Nacional e a Liga Iberdrola de Tríatlon, coa Copa do Rei e a Copa da Raíña Iberdrola, e os campionatos de España de Tríatlon Contrarreloxo por Equipos de Talentos.
O domingo celebráronse as competicións dos Campionatos de España de Tríatlon por Relevos e por Relevos de Talentos, completando a participación con preto de 700 equipos de 106 clubs de todo o territorio nacional.
O sábado, a Copa da Raíña Iberdrola de Tríatlon foi para o A.D Náutico de Narón e o Cidade de Lugo Fluvial conseguiu o 2º lugar… na 11ª posición quedou o equipo do Tríatlon Inforhouse de Santiago.
Na Copa do Rei, o 1º equipo galego foi o Cidade de Lugo Fluvial, conseguindo a 4ª posición. Despois tivemos ao Tríatlon Inforhouse de Santiago coa 7ª posición, o Tríatlon Ferrol na 13ª, o A.D Náutico de Narón na 15ª e o Tríatlon Compostela na 27ª.
Os resultados completos da Copa da Raíña Iberdrola de Tríatlon e a Copa do Rei pódense consultar aquí: https://live.triatlon.org/Schedule/1149
Ademais, disputáronse os Campionatos de España de Tríatlon Contrarreloxo por Equipos de Talentos, nos que o Cidade de Lugo Fluvial masculino conseguiu a 1ª posición, o A.D. Fogar a 3ª posición e o Natación Cedeira a 4ª.
Nas rapazas, o A.D. Náutico de Narón conseguiu a 3ª posición seguido do Cidade de Lugo Fluvial coa 4ª, o Tríatlon Vilalba coa 17ª, o Tríatlon Inforhouse Santiago coa 18ª, o Natación Cedeira coa 19ª e o Club Deportivo Delikia coa 20ª.
Os resultados completos do Campionato pódense consultar aquí: https://live.triatlon.org/Schedule/1150
O domingo, o equipo feminino do Cidade de Lugo Fluvial conseguiu a 1ª posición a tan só 3 segundos do Náutico de Narón, que quedou 2º… O Tríatlon Inforhouse de Santiago quedou 8º.
Nos rapaces, o Cidade de Lugo Fluvial subiuse ao podio no 3º lugar, a tan só 11 segundos, o Inforhouse de Santiago chegou 4º, o Tríatlon Ferrol 12º, o Náutico de Narón 19º e o Tríatlon Compostela 23º.
Todos os resultados do Campionato de España de Tríatlon por Relevos pódense consultar aquí: https://live.triatlon.org/Schedule/1151
Tamén se disputaba na localidade murciana o Campionato de España de Tríatlon por Relevos de Talentos, penúltima xornada da Liga Nacional de Clubs de Talentos, exclusiva para as categorías cadete e xuvenil da Federación Española de Tríatlon, na que na categoría masculina o podio formárono 3 equipos galegos… 1º o Cidade de Lugo Fluvial, 2º A.D. Fogar e 3º o Club Natación Cedeira.
Todos os resultados do Campionato de España de Tríatlon por Relevos pódense consultar aquí: https://live.triatlon.org/Schedule/1152