AROA FREIJE, CLASIFICADA PARA A FINAL DO MUNDIAL YOUTH DE PÉNTATLON MODERNO

2 de Setembro de 2015

Aroa Freije (Tri-Penta Terras de Lugo) acadou hoxe a clasificación para a final do Campionato do Mundo Youth de Péntatlon Moderno, que se está a disputar estes días en Bos Aires (Arxentina).

A galega disputou hoxe a semifinal na que buscaba un posto para a final, Así, acadou a segunda posición do seu grupo na natación, sumando 298 puntos, mentres que sufriu un pouco máis na esgrima, onde ocupou a 18ª posición con 14 vitorias e 15 derrotas (202 puntos). Á falta da combinada, Aroa ocupaba a oitava posición, empatada coa sétima.

E na combinada confirmou a súa clasificación para a final, que se disputará o próximo vernes. Foi a oitava clasificada nesta disciplina sumando 481 puntos. E na suma total, logrou a décima posición (981 puntos) e así acadou a clasificación para esa final, na que só estarán as 36 mellores do mundo.

 

Quizáis che interese…