A deportista galega Aroa Freije participará no Campionato de Europa Cadete de Péntatlon, que se celebra entre os días 12 e 16 de xuño en Minsk (Bielorrusia) coa participación de 110 deportistas pertencentes a 20 países.
Mañá (as partir das 10:30 horas) terá lugar a proba de natación na distancia de 200 metros e ao día seguinte celebrarase a combinada (carreira e tiro). Terán que facer tres tiradas e tres carreiras de 800 metros, cun límite de 50 segundos para disparar. Ademais, utilizarán láser no tiro, algo ao que non está acostumada polo que estivo adestrando nos últimos dez días esta técnica.
Aroa Freije (campioa de España) viaxa con moita ilusión a pesar de que acaba de recuperarse dunha lesión (fractura do radio) que a tivo unhas semanas sen poder adestrar. Iso si, hai dúas semanas reapareceu e fíxoo gañando a última proba do Campionato de España de Péntatlon Moderno de Seleccións Autonómicas, onde gañou as tres probas celebradas.
Aroa Freije rematou na sexta posición no Campionato de Europa Cadete de Péntatlon 2012, que se disputou en Varsovia (Polonia). A galega logrou un espectacular resultado, sobre todo tendo en conta que competía nunha categoría superior a que lle correspondería por idade.