ARTIGO 6

Información Institucional, organizativa e de planificación
A. FUNCIÓNS

Conforme o artº 1 dos Estatutos a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, constituída o día 10 de abril de 1989, é unha Entidade de Dereito Privado que reúne a deportistas, adestradores, xuíces, así como a clubs, asociacións, agrupacións e á totalidade de Entidades dedicadas á práctica do Tríatlon e Péntatlon Moderno no territorio galego.

 

 

Conforme o artº 2 dos Estatutos a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno ten plena personalidade xurídica, propia e absoluta capacidade de obrar para o logro da consecución dos seus fins, sen ánimo de lucro e réxese pola 1,lei 11/97, de 22 de Agosto, Xeral do Deporte de Galicia e as súas normas de desenvolvemento, polos seus propios estatutos e regulamentos debidamente aprobados e polas demais disposicións legais ou federativas que resulten aplicables..

Conforme o artº 5 dos Estatutos son competencias da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno:

  1. A promoción do desenrolo e a práctica do Tríatlon e Péntatlon Moderno, regulamentar e coordinar o aspecto técnico e organizar os campionatos e competicións da súa Xurisdición.
  2. Regular o réxime xurídico e disciplinario dos Clubs, Asociacións, Agrupacións, Comités e a totalidade das Entidades, deportistas, adestradores, xuíces, directivos todas aquelas persoas que dalgún xeito interveñan na organización e práctica do Tríatlon e Péntatlon Moderno, cumprindo sempre as disposición vixentes sobre estes casos.
  3. Formar e cualificar a persoal técnico e deportivo especializado.
  4. Organizar os circuítos de Tríatlon (consistentes en nadar, ir en bicicleta e carreira a pé), Duatlón (consistente en correr a pé e máis en bicicleta), Acuatlon (consistente en correr, nadar e correr a pé), Cuadriatlón (consistente en nadar, ir en piragua, ir en bicicleta e correr a pé), Tríatlon Branco (consistente en facer esquí, correr en bicicleta e correr a pé) e Duatlón de Montaña (consistente en correr a pé e ir en bicicleta de Montaña).
  5. Coordinar as función e competencias das Delegación Zonais e Delegacións comarcais.
  6.  Regula-lo seu réxime disciplinario e velar polo seu cumprimento.
  7.  Asignar, controlar e fiscalizar as axudas e subvención ós seus afiliados.

 

 

Conforme o artº 56 da Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia:
2.-As federaciones deportivas galegas exercerán como funcións propias as siguientes:
a) A convocatoria das seleccións deportivas da súa modalidade deportiva e a designación dos deportistas que as integren.

b) Colaborar coas administracións públicas e coa Federación Española correspondente, así como coas restantes entidades deportivas, na promoción das súas respectivas modalidades.

c) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na execución dos planes e programas dos deportistas galegos de alto nivel.

d) No seu caso, e de conformidade coa normativa que sexa de aplicación, colaborar e/ou organizar as competicións oficiais e actividades deportivas de carácter estatal ou internacional que se realicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Elaborar os seus propios regulamentos deportivos.

f) Colaborar coa Administración deportiva autonómica na formación de adestradores, xuíces e árbitros segundo a normativa que sexa de aplicación.

4.-Son funcións públicas delegadas, e exerceranse en réxime de exclusividade polas federacións deportivas galegas, as seguintes:

a) Representar á Comunidade Autónoma de Galicia nas actividades e competicións deportivas da súa modalidade, de conformidade coa normativa que lle sexa de aplicación.

b) Organizar as competicións oficiais autonómicas federadas.

c) Expedir licencias deportivas para a práctica da súa modalidade deportiva nos termos establecidos na presente lei.

d) Asignar as subvencións e axudas de carácter público concedidas a través da Federación e controlar que os seus asociados lles den unha correcta aplicación.

e) Garantizar o cumprimento das normas de réxime electoral nos procesos de elección dos seus órganos representativos e de goberno, así como dos demais dereitos e obrigacións derivados do cumprimento dos seus respectivos estatutos.

f) Exercer a potestade disciplinaria nos termos establecidos pola presente lei e polas súas disposicións de desenrolo, de acordo cos seus respectivos estatutos e regulamentos.

g) Executar, no seu caso, as resolucións do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

h) Colaborar coas administracións públicas competentes na prevención, control e represión do uso de sustancias e grupos farmacolóxicos prohibidos, así como na prevención da violencia no deporte. A estes efectos, e entre outras accións, as federacións deportivas galegas instruirán e resolverán os expedientes sancionadores que no ámbito do dopaxe se sustancien, de conformidade co establecido no título VIII da presente lei.

i) Cualquer outra que regulamentariamente se determine.

B. NORMA APLICABLE
  • Lei 3/2012, de 2 de abril, do Deporte de Galicia, ou norma que a substitúa.
  • Decreto 85/2014, do 3 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
  • Orde do 8 de setembro de 2010 pola que se establecen os criterios para a elaboración de regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, ou norma que a substitúa.
  • Resolución do 8 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ditan as Normas de bo goberno das federacións deportivas de Galicia, ou norma que a substitúa.
  • Resto de normativa aplicable ás federacións deportivas que se aprobe, así como a propia de cada entidade.
  • Estatutos da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno inscritos co nº F-02042 no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.
C. ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

XUNTA DIRECTIVA

  • Presidente: Javier Campos Peña
  • Vicepresidenta 1ª: Marta Barbeito Domínguez
  • Secretaria Xeral: Mónica Flores Ferreiro
  • Tesoureira: María Estefanía Nebril Breijo
  • Juan Carlos Ageitos Sampedro
  • Gustavo Álvarez Nogueira
  • Patricio Cruz Farias Forneiro
  • Alba Ledo Rodríguez
  • Cristóbal Rodríguez Fidalgo
  • Ana María Santiso Prado
  • Xan Xosé Suárez Vilela
  • Adrián Vázquez Fernández

Historial Curricular dos membros Xunta Directiva

COMISIÓN DELEGADA

  • Javier Campos Peña- (Presidente)
  • Artrogal Tri-498
  • Triatlon Rias Baixas
  • Triatlón Santiago
  • Mónica Flores Ferreiro
  • Patricio Farías Forneiro
  • Pablo Cabanelas Eiras
  • AD Náutico de Narón
  • AD Fogar da Xuventude

ASAMBLEA XERAL

PRESIDENTE- Javier Campos Peña

ESTAMENTO DEPORTISTAS

    • Pablo Cabanelas Eiras
    • Patricio Cruz, Farias Forneiro
    • Pablo Freire Garcia

ESTAMENTO DE TÉCNICOS

  • JAVIER CAMPOS PEÑA
  • ANA VALÍN LÓPEZ

ESTAMENTO DE XUÍCES

  • MONICA FLORES FERREIRO
  • JAVIER ÁNGEL VÁZQUEZ OREJAS

ESTAMENTO DE CLUBS:

  • A.D. FEFEME TRIATLON DO MIÑO
  • A.D. FOGAR DA XUVENTUDE
  • A.D. NAUTICO DE NARON
  • A.D. TRI-PENTA TERRAS DE LUGO
  • ARTROGAL-TRI 498
  • CIDADE DE LUGO FLUVIAL
  • CLUB TRIATLON POIO
  • CLUB NATACION CEDEIRA
  • CLUB NATACIÓN PABELLÓN OURENSE
  • CLUB OLIMPICO DE VEDRA
  • CLUB TRIATLON FERROL
  • CLUB TRIATLON SANTIAGO
  • TRIATLON RIAS BAIXAS