AS PONTES PROCLAMAN A RAMÓN ARIAS E A MÓNICA MEZQUITA COMO CAMPIÓNS GALEGOS DE TRÍATLON DE LARGA DISTANCIA.

17 de Xuño de 2019

A praia do Lago das Pontes de García Rodríguez acollía unha edición máis do Northwest Triman, que á súa vez daría os títulos de campión e campiona de Galicia de tríatlon de larga distancia.

A xornada comezaba co habitual madrugón que caracteriza a este tipo e competicións. As codicións climatolóxicas puxeron en xaque aos membros da organización e ós xueces. Xa que unha densa néboa cubriu por completo o lago intanstes antes de dar o bocinazo de saída. Impedindo a visualización do percorrido e poñendo en perigo a seguridade da proba. A primeira decisión foi retrasar a saída para a ver se melloraban as codicións de visiblidade. Finalmente a bretema non se foi e unido ás baixas temperaturas que había nese momento, os membros da organización xunto cos xueces deciciron cambiar o formato da proba, a prol de garantir a seguridade de todos os participantes. Polo tanto cambiouse o formato da proba, anulando o sector de natación e engadindo 8km de carreira a pé como primeiro segmento.

No que ao campionato galego se refire. Javier Rego e Ramiro Chaves empezaban liderando a proba. No segundo sector da proba, os 180 km de ciclismo. Eugenio Martínez do Cidade de Lugo Fluvial tomou a cabeza da carreira cun espectacular rexistro sobre as dúas rodas. Era o turno de deixar as bicis e afrontar a maratón. O líder nese momento abandona, e por detrás chega o lucense Ramón Arias. Que ven facendo unha carreira de menos a máis e que finalmente se faría co título de Campión Galego. Acompañarono no podio Javier Rego e Carlos Rodríguez.

En categoría femenina a proba tivo un só nome de principio a fin. O de Mónica Mezquita, a triatleta do Nosportlimit dominou a proba de principio a fin. Completaron o podio as tamén integrantes do Nosportlimit Paula Blanco e María José Vazquez.

Quizáis che interese…