Campionato de España de Dúatlon Avilés 2022

22 de Abril de 2022

Despóis dun fin de semana completo de Dúatlon en Pontevedra, e o turno para o Campionato de España de Dúatlon volve a Avilés os días 23 e 24 de abril con récord de asistentes á cita. Máis de 1.700 duatletas, dos que máis de 200 serán galegos e galegas, competirán na cidade asturiana, batendo os récords de anos anteriores.

As competicións serán o sábado 23 e o domingo 24 na Praza de España (Avilés), onde a partir do venres terán lugar diversas benvidas aos deportistas. As probas de Avilés outorgan prazas para o Campionato de Europa de Dúatlon, que se disputará o próximo ano no marco do Europeo multideportivo Bilbao- Bizkaia.

A Federación Española de Tríatlon presentará en Avilés novos servizos para os deportistas participantes e unha espectacular zona de competición para devolver as probas ao centro histórico e o seu plan de sustentabilidade nas competicións.

duatlon de aviles 2022

 

Programa de competición Avilés Dúatlon 2022

O Venres 22 de abril, de 17:00 a 20:00 horas. ata as 20.30 horas farase entrega de dorsais na Praza Álvarez Acebal para os participantes das categorías cadete, xuvenil e junior, zona de recepción que permanecerá en funcionamento o sábado 23 para grupos de idade de 11 a 14 horas e de 17h  ata as 19 h para as categorías elite masculina, elite feminina e paratriatlón.

As competicións serán durante o sábado e a mañá do domingo con saída e chegada na Praza de España, carreira a pé polo casco histórico de Avilés e o sector de ciclismo polo entorno da ría.

As categorías cadete, xuvenil e júnior competirán en distancias SuperSprint e tres series eliminatorias por categoría e xénero de medio centenar de deportistas, a modo de clasificatorias para as finais de cada categoría que terán lugar durante a tarde. As series preliminares arrincarán ás dez da mañá e prolongaranse ata o mediodía. Entre as 15 e as 16:35 h. daranse as saídas das Finais de cada categoría, e ás 17:30 h. do sábado terá lugar o Campionato de España para Grupos de Idade, cunha alta participación de galegos e galegas. As cerimonias de entrega de premios están previstas ás 17:45 h. para as categorías cadete, xuvenil e júnior, e as 20 h. para Grupos de Idade.

O domingo 24 de abril terán lugar as competicións de Paratriatlón, con saída ás 8:30 h, e as carreiras Elite Feminina, ás 11:15 h, e Elite Masculina, ás 13:30 h.

Ao termo da proba masculina celebrarase a última entrega de premios dos campionatos, no pódium escenario situado na Praza de España.

Podes consultar o listaxe de saídas na páxina da Federación Española de Tríatlon.

Quizáis che interese…