Os días 6 e 7 de Abril, tiveron lugar os Campionatos de España de Duatlón nas categorías Élite, Paratriatlón e Grupos de Idade, xuntando a 750 deportistas de todo o país.
O sábado disputáronse as probas para os duatletas de Paratriatlón e os Grupos de Idade nas distancias SPRINT e ESTÁNDAR, con preto de 600 atletas. Todos os resultados, con posicións e tempos, están aquí: https://live.triatlon.org/Schedule/1140
A xornada do domingo estivo protagonizada polo Campionato de España Elite Feminino e Masculino. Nove mulleres galegas tomaron a saída e os resultados foron bastante positivos.
Sara Guerrero do A.D Náutico de Narón conseguiu subirse ao podio na 2ª posición, a tan só 7 segundos da vitoria. A 17ª posición foi para Raquel Alzaga do Náutico de Narón, seguida por Ana María Santiso do Cidade de Lugo Fluvial na posición 20ª.
Aida García do Triatlón Inforhouse Santiago na 21ª, Iria Fernández do Club Triatlón Vilalba na 27ª, Gabriela Quintás do Club Olímpico de Vedra na 29ª, Alba Muñiz do Club Triatlón Inforhouse de Santiago na 50ª, Patricie Viadel do Club Olímpico de Vedra na 55ª e Uxía Fernández do Club Triatlón Vilalba na 58ª.
Os resultados das mulleres Élite están aquí: https://live.triatlon.org/results/1140:60217:5:1
Nos rapaces, tivemos aos nosos deportistas moi preto do podio… Iván Puentes do Triatlón Ferrol conseguiu a 7ª posición, chegando a 40 segundos do 1º. Esteban Basanta do Cidade de Lugo Fluvial entrou en 11º lugar, Martín Cando tamén do Cidade de Lugo Fluvial 22º, Pedro Liste do Club Triatlón Compostela 34º, Andrés Cendán do Cidade de Lugo Fluvial 48º, Víctor Bouzón do Club Olímpico de Vedra 79º e Juan Pablo Díaz do Club Triatlón Inforhouse de Santiago 84º.
Os resultados dos rapaces Élite están aquí: https://live.triatlon.org/results/1140:60218:5:1