Despóis do Campionato de España de tríatlon Sprint de Pontevedra de fináis de Agosto, a Federación Española de Tríatlon sigue apostando forte e este fin de semana e o turno de Banyoles, onde celébrase o Campionato de España de Tríatlon Olímpico e a Copa de Europa Junior.
O Sábado e o turno dos Olímpicos
Un total de 150 deportistas participarán este sábado día 5 no Campionato de España de Tríatlon Olímpico que se celebra na localidade de Banyoles en Girona. Podes consultar toda a información na páxina da Federación Española.
Na categoría masculina élite temos 6 galegos na competición e na categoría feminina serán 5 as nosas participantes.
As saidas e a organización seguirán as consignas do protocolo COVID19 da Federación Española de Tríatlon.
O galego Antonio Serrat non será da partida xa que esta fin de semana tamén ten lugar o Campionato do Mundo de Tríatlon que se celebra en Hamburgo.
Moita sorte a tódolos participantes.