A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, quere felicitar a tódalas persoas de ben nestas festas do Nadal 2013 e desexarlles para o 2014, a todos e todas, un ano venturoso.
Ás Institucións (Concellos, Deputacións, Administración Central e Autonómica, etc.) para que neles brille a transparencia e a democracia; ás Federacións Deportivas para que continúen co seu esforzó e ilusión aportando ó Deporte Galego; á familia do Tríatlon e do Péntatlon Moderno: clubs, deportistas, adestradores e xuíces, que sigan pola senda dos éxitos do 2013 – Saúde e alegría para seguir-; ós medios de comunicación para que sigan informando, den boas noticias e non se esquezan do deporte (todo futbol non vale); ás empresas e sponsors que sigan vendo no deporte o mellor sitio para investir.
FEDERACIÓN GALEGA DE TRÍATLON E PÉNTATLON MODERNO