DESCARGA DO BONO DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA A PARTIR DO 8 DE XANEIRO

4 de Xaneiro de 2024

o Vindeiro luns 8 de xaneiro de 2024 abrirá o prazo para que os país/nais descarguen o Bono Deporte. Para isto, no formulario web que deberán cubrir, terán que indicar o Identificador Xogade ou, no caso de non ter licenza polo programa Xogade, o número de licenza federativa.

 Probablemente moitos pais/nais, no momento de cubrir o formulario se atopen co problema de que non saben cal é o Identificador Xogade dos seus fillos/as (ou o nº de licenza nos casos de non ter licenza por Xogade).

Polo tanto, recordade que é FUNDAMENTAL, que dende os  clubs de triatlón comuniquedes aos pais/nais o identificador Xogade (ou nº licenza), para anticiparse á súa necesidade e non causar ningún trastorno na descarga do bono.

https://www.bonodeporte.gal/es/client

Os clubs deben acceder a inscricións XOGADE, actividade deportiva federada ou escolar, onde teñan aos nenos e nenas dados de alta e poden consultar ambos datos Identificador e licenza

https://inscricion-xogade.xunta.gal

 

 

Quizáis che interese…