O próximo sábado 15 de xuño dende as 17:00 horas, na praia de Santo Tomé e co Pazo de Monte Sacro como telón de fondo terá lugar o IV Tríatlon Popular Concello de Cambados.
O consistorio cambadés acolleu na xornada de hoxe a presentación da proba. Á cita para dar a coñecer o evento acudiu o técnico de deportes Municipal, Alfredo Oliveira. O concelleiro delegado de servizos, enseñanza, patrimonio, cultura, deporte e normalización lingüística, Víctor Caamaño. En representación da Fegatri, Enrique Hernández, Delegado Provincial de Pontevedra. Por parte de Lodeco, empresa organizadora, acudiu Miguel Fernández.
Este tríatlon entra dentro do calendario galego de probas de promoción. No que poden participar deportistas que non posean licenza federativa, podendo tomar parte na mesma, aboando o importe da licenza de un día. Así mesmo tralo recente acordo entre a Federación Galega de Ciclismo e a Fegatri. Poderán tomar parte na proba os deportistas que posean a Licenza de Ciclismo.
A proba que se disputara en distancia Sprint, conta cunha gran saúde entre os triatletas da nosa comunidade. Proba delo, é que as duascentas prazas dispoñibles completaronse en pouco tempo trala apertura das inscricións.