Esta fin de semana temos o Campionato de España de Duatlon por clubs en Valladolid cunha importante participación de equipos galegos.
Os Campionatos de España de Dúatlon por Clubs e Remudas Mixtas, cuarta e quinta xornadas da liga Nacional de Clubs de Dúatlon, e o Campionato de España de Tríatlon por Remudas Mixtas de Talentos, que abrirá a liga Nacional de Clubs de Talentos de Tríatlon 2022, disputaranse en Valladolid os días 26 e 27 de Marzo. Por segundo ano consecutivo as probas levarán á capital valisoletana a clubs e duatletas de toda España, para competir nos circuítos urbanos da contorna da Praia Fluvial do parque de Las Moreras.
Campionato de España de Dúatlon por Clubs
O sábado 26 de Marzo celébrase o Campionato de España de Dúatlon por Clubs coa presencia dos seguintes clubs galegos:
NAUTICO DE NARON
TRI-PENTA TERRAS DE LUGO
CIDADE DE LUGO FLUVIAL
CLUB OLÍMPICO DE VEDRA
CLUB TRÍATLON COMPOSTELA
CLUB TRÍATLON MAR DE VIGO
CLUB TRÍATLON POIO
TRÍATLON ARTEIXO
TRÍATLON FERROL
TRÍATLON INFORHOUSE DE SANTIAGO
Campionato de España de Dúatlon por Relevos Mixtos de Talentos
O domingo 27 de Marzo é o turno para os relevos mixtos de talentos coa presencia dos seguintes clubs galegos:
CLUB TRIATLON COMPOSTELA
A.D. NAUTICO DE NARON
TRIATLON FERROL
A.D. FOGAR
TRIATLON INFORHOUSE SANTIAGO
CIDADE DE LUGO FLUVIAL
C. NATACION CEDEIRA MUEBLES GARCIA
Campionato de España de Dúatlon por Relevos Mixtos
O domingo 27 de Marzo é o turno para os relevos mixtos coa presencia dos seguintes clubs galegos:
A.D. TRI-PENTA TERRAS DE LUGO
CLUB TRIATLON COMPOSTELA
TRIATLON ARTEIXO
CLUB OLIMPICO DE VEDRA
A.D. NAUTICO DE NARON
TRIATLON FERROL
TRIATLON INFORHOUSE SANTIAGO
CIDADE DE LUGO FLUVIAL
O domingo 27 de Marzo en Galicia tamén temos o Duatlón Escolar San Cibrao (Campionato Provincial de Ourense) do Programa Xogade.