A triatleta becada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, Carla Guisande. Acudía por vez primeira á chamada da Selección Española, para unha competición internacional no Campionato de Europa de Dúatlon en Punta Umbría (Huelva).
No primeiro segmento de 5km a pé Carla colocouse en terceira posición sólo superada polas súas compañeiras do equipo español. Nos 20km de ciclismo foi superada por dúas deportistas baixandose ao último sector de 2,5km de carreira en quinta posición, un posto que non mantería ata a liña de meta.
Tanto o equipo técnico como a deportista valoran moi positivamente este resultado xa que ven de saír dunha lesión que a mantivo alonxada dos adestramentos. Cabe mención que Carla é cadete e competiu en categoría junior.
Por outra banda Joselyn Brea tomaba parte na proba absoluta. A deportista marcaba un moi sólido primeiro segmento de competición nos postos dianteiros da proba. Na bicicleta cediu un pouco de tempo pero puido manterse en cabeza de carreira. Nos últimos 2,5km colocouse terceira alcanzando a medalla de bronce da competición continental.