A selección galega logrou un total de catro medallas (tres ouros e unha prata) na Copa Atlántica de Péntatlon Moderno que se celebrou esta fin de semana en Setúbal, coa participación de deportistas de Portugal, Galicia, Hungría, Inglaterra e Francia.
Os ouros foron para Aroa Freije (cadete feminina), Martín Freije (alevín masculino) e Lucas Pena (benxamín masculino), mentres que a medalla de prata foi para Andrea Vidal (alevín feminino).
A Copa Atlántica tivo un alto nivel competitivo, unha proba que é clasificatoria para o Campionato de Europa de Menores que se celebrará en setembro en Portugal. O obxectivo final é lograr a praza para as Olimpiadas da Xuventude do 2014.