Roquetas de Mar tivo esta fin de semana as xornadas centrais das ligas Iberdrola e Nacional de Clubs de Tríatlon, onde houbo un total de 1400 dorsais con máis de cincuenta clubs de toda España. Respecto ás competicións da fin de semana, celebráronse tres campionatos de España, ademais da proba de promoción de Pho3nix Triathlon Series by Javier Gómez Noya.
Primeiro tivemos o Campionato de España de Tríatlon SuperSprint por Clubs, unha competición con explosivas series eliminatorias de carreiras individuais nas que os clubs van sumando puntos segundo as posicións e avance ata a Gran Final dos seus deportistas.
O segundo campionato nacional da fin de semana foi o SuperSprint por Relevos de Parellas, no que tres parellas de cada club se van pasando o relevo tras realizar cada parella un tríatlon SuperSprint.
E o domingo 26 de maio tivo lugar a quinta xornada da Liga Nacional de Tríatlon co Campionato de España de Tríatlon SuperSprint por Clubs 2×2, a competición máis estratéxica da tempada. Compiten tres parellas de tríatletas, que se van entregando o relevo e incorporando progresivamente á proba realizando un dobre tríatlon SuperSprint.
Campionato de España de Tríatlon SuperSprint por Clubs
Na Primeira División feminina, o Cidade de Lugo Fluvial acadaba o 1º lugar e o Náutico de Narón o 2º lugar.
Na Primeira División masculina, un só punto separaba ao Cidade de Lugo Fluvial do Peñota Dental Alusigma na loita polo terceiro posto.
Os resultados do nacional SuperSprint Clubs están aquí:https://live.triatlon.org/Schedule/1163
Campionato de España de Tríatlon Relevos Parellas
Pola tarde en Roquetas tivemos o segundo campionato nacional do día.
O Náutico de Narón conseguiu a primeira posición, por un pequeno marxe de cinco segundos, por diante do Cidade de Lugo Fluvial.
No Campionato de España de Relevos Parellas Masculino, a terceira praza foi para o Cidade de Lugo Fluvial, a tan só dez segundos da prata.
Os resultados do nacional de Tríatlon Relevos Parellas están aquí:https://live.triatlon.org/Schedule/1164
Campionato de España de Tríatlon SuperSprint Clubs 2×2
O Cidade de Lugo Fluvial feminino conseguiu a 1ª posición. O Náutico de Narón foi penalizado por unha incidencia mecánica en carreira.
Nos rapaces de Primeira División, o Cidade de Lugo Fluvial acadou a 2ª posición do podio, a tan só once segundos sobre o Peñota Dental Alusigma.
Os resultados do nacional de Tríatlon SuperSprint Clubs 2×2 están aquí:https://live.triatlon.org/Schedule/1165